Certame “Lingua rodada” de creación de vídeo

Con esta proposta promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, os rapaces e rapazas crearán vídeos baseados en pequenos relatos para plasmaren a esencia da nosa terra: a súa fala, a súa xente e os seus costumes, lendas, paisaxes, patrimonio, historia…

  • A 1.ª fase iniciarase cunha proba de selección aberta (casting) na que se elixirán os tres mellores vídeo-relatos enviados polos centros. O prazo de inscrición será do 10 de xaneiro ao 3 de febreiro, e o de envío dos traballos, do 4 de febreiro ao 4 de marzo de 2020.
  • Na 2.ª fase, os tres centros finalistas da proba de selección recibirán un obradoiro de 3 h de duración, entre o 11 e o 13 de marzo, e enviarán un novo vídeo-relato a linguarodada@gmail.com entre o 16 de marzo e o 22 de abril, O xurado de Lingua rodada elixirá o audiovisual gañador.
  • Na 3.ª fase, o alumnado participante na obra gañadora terá a oportunidade de rodar o seu vídeo-relato cun equipo de profesionais do audiovisual durante unha convivencia de dous días no rural galego, e de asistir á súa presentación na XVII Edición do Festival de Cans.

O programa quere ser tamén unha pequena homenaxe a Chano Piñeiro, un dos pioneiros do cinema galego, no 25 aniversario do seu pasamento. En 2020 tamén se farán 30 anos da estrea en Galicia de Sempre Xonxa e 35 da primeira emisión da TVG, que comezou en xullo de 1985 con Mamasunción, unha obra que ese ano ampliaría o seu palmarés cunha chea de premios en certames nacionais e internacionais.

Nas súas palabras, “facer cine en Galicia é posible e facer cine en galego é necesario”.

Máis información sobre o Programa e inscrición

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*