Concursos de debuxo “Captura a sociedade dixital!” e microrrelatos “Viaxe ao 2030”

Convocados pola Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega).

Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030”

A participación no concurso diríxese a alumnado de 1º a 4º de educación secundaria
obrigatoria (ESO) ou 1º e 2º de Bacharelato en centros educativos da Comunidade
Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre os 11 e os 18 anos (ambas as
dúas inclusive). A participación é individual. Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos/ás alumnos/as interesados en participar, sen límite de inscricións por centro.

O alumnado interesado en participar realizará a súa inscrición gratuíta a través dun
formulario online dispoñible no espazo web DigiTalent (digitalent.xunta.gal/gl/node/545) Xunto á cumprimentación do formulario o/a docente que realiza a inscrición deberá achegar o modelo de autorización debidamente asinado polo pai/nai/titor legal de cada un dos participantes. O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o día 16 de decembro de 2019 ata o 17 de xaneiro de 2020.

Cada participante poderá enviar un máximo de 1 composición de texto. A temática das narracións versará sobre como imaxinan os participantes o futuro de Galicia nos próximos 10 anos e a vida cotiá na Comunidade a través da transformación dixital. Os microrrelatos non poderán superar as cento cincuenta (150) palabras de extensión, sen incluír o título, e o texto deberá estar escrito en lingua galega.

Concurso de debuxo “Captura a sociedade dixital!”

O obxectivo do concurso é facer participes aos máis novos neste proceso e coñecer a súa visión e expectativas sobre como a transformación dixital cambiará a sociedade galega nos próximos 10 anos a través dun debuxo

Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria de centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre os 5 e os 12 anos (ambas as dúas inclusive)

O período de inscrición estará aberto desde o día 16 de decembro ata o 17 de xaneiro. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar. O prazo para enviar os debuxos do alumnado previamente inscrito estará aberto desde o día 16 de decembro ata o día 24 de xaneiro de 2020

Toda a información, bases e inscricións

Ante calquera dúbida, dirixirse ao correo electrónico edg2030@xunta.gal

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*