Lingua de namorar 2020

Concurso en liña de mensaxes de amor.

Coorganizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Está dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos que, para achegar as súas propostas, só terán que cubrir o formulario de participación. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes de ata 350 caracteres escritas en lingua galega, ben en prosa, ben en verso.

Establécense dúas categorías:

Categoría A: mensaxes escritas por autoras e autores que teñan entre 14 e 19 anos.
Categoría B: mensaxes escritas por autoras e autores que teñan entre 20 e 35 anos.

Haberá tres premios por cada unha das categorías de idade:

1° Bicicleta pregable NILOX X2 Plus Motor 250w Roda 16” Autonomía 25 Km.
2° Tablet LENOVO ZA470057SE. 10,1” – 2/32 XB – Cámaras frontal e traseira.
3° Cámara deportiva SUNSTECH Adrenaline. Vídeo 4K/30FPS. 16 Mp wi-fi.
Prazos de participación e de votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 9 de marzo.

Do 10 ao 13 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.

Xurado e resolución
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.

No mes de abril terá lugar a entrega de premios do concurso.

Bases

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*