A astrofísica Ana Ulla Miguel galardoada co Premio Muller Científica 2020

Ana Ulla Miguel no acto de entrega do Premio Muller Científica do Ano 2020 no IES Val Miñor de NigránO mes de marzo comezou no IES Val Miñor (Nigrán) coa cerimonia de entrega deste premio. A galardoada é astrofísica, profesora no Departamento de Física aplicada da Universidade de Vigo e investigadora de prestixio internacional. Ao longo da súa traxectoria participou en varias iniciativas que vinculan a promoción das achegas das mulleres no ámbito da astronomía e a difusión da ciencia entre grupos de alumnado de diversos niveis. Nas dúas anteriores edicións deste galardón recoñeceuse o traballo da bióloga Iria González Vasconcellos e da científica África González.

“Este premio ten un significado especial para min, porque indica que a ciencia é importante para a escola. Este premio non é só para min, porque as persoas non chegamos soas aos sitios, e eu non estaría aquí sen moita xente que me axudou, comezando pola miña propia familia”, comentou a premiada.

Ana Ulla Miguel tamén destacou a necesidade de máis iniciativas de interacción entre as diferentes etapas educativas, que abran a universidade ás escolas e ao revés. Por outro lado, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, subliñou durante o acto que “en todos os sistemas educativos europeos a promoción das vocacións STEM é prioritaria, así como avanzar na ruptura da fenda de xénero” e destacou a necesidade de termos aínda máis referentes femininos p”ara demostrar que o xénero non é impedimento para que as rapazas sexan tan boas matemáticas, científicas e tecnólogas como os seus compañeiros”.

Vídeo do acto de entrega do Premio Muller Científica 2020

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*