Trátase dun certame de ideas para recoller propostas creativas, diversas e apaixoantes para as aulas de primaria e secundaria que axuden a motivar as vocacións tecnolóxicas temperás, en especial as das rapazas.
O obxectivo principal do concurso #ApuntasTech? é xerar un catálogo de propostas concretas que alenten as vocacións tecnolóxicas tempranas, principalmente entre as nenas entre 10 a 15 anos. Xa que logo trátase de escoitar e recoller as ideas das e os protagonistas para gozar as TIC no aula de forma transversal, variada e inclusiva. Búscanse propostas divertidas, apaixonantes, innovadoras, que fagan uso das TIC de forma creativa e transversal, tanto con software como hardware, onde o uso da tecnoloxía non sexa únicamente o seu obxectivo final, senón un medio.
Ese catálogo de ideas será un recurso de gran utilidade para poder traballar as tecnoloxías de forma amena, principalmente no aula, pero tamén fóra dela, en actividades extraescolares, en familia, etc. Posteriormente, realizarase unha recopilación das mellores propostas e publicarase con licenza aberta para a súa descarga na web do concurso, así como en diferentes repositorios de materiais educativos online.
Está organizado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Prazo de presentación: ata o 15 de abril de 2020