Primavera das Letras 2020: Letras para contar un país

Na televisión, na radio, na rúa, na escola… este 2020 imos escoitar falar moito de Ricardo Carballo Calero, autor ao que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas. Pescudaremos que hai detrás deste nome. Prepárate para unha viaxe ao pasado que nos ha axudar a comprender o noso presente. Comprobaches que tes ben apertado o cinto? Tres, dous, un… Aló imos!

Ricardo Carballo Calero naceu o 30 de outubro de 1910 na cidade de Ferrol. O seu pai, Gabriel Ricardo Carballo, era un pequeno empresario local. A súa nai, María Dolores Calero, atendía a casa e encargábase do coidado dos seis fillos do matrimonio. Xa dende os primeiros anos da infancia se podía intuír que o futuro daquel neno ía estar ligado ás letras. A curiosidade por descifralas comezou moi cedo cando no cine, sentado no colo do pai, decotío preguntaba polas letras que aparecían na pantalla:“Que di, papá?”

Así comeza a primeira das fichas descargables do proxecto Primavera das Letras da Real Academia Galega dedicada a Carvalho Calero. Pulsa aquí para acceder a esta ficha na web de Primavera das Letras: Letras para contar un país

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*