Unha lingua honoris causa


O ano Carvalho Calero segue na rede coa Primavera das Letras.

Ricardo Carvalho Calero fixo historia ao se converter en 1972 en catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega. Por primeira vez o noso idioma e as nosas letras entraban pola porta grande da universidade. Para comprender como foi posible temos que viaxar ao pasado.

Entramos na cápsula do tempo e viaxamos a 1926. Aí está o Ricardo, un estudante novísimo que chega a Santiago de Compostela con iguais doses de nervios e ilusións. Aqueles primeiros días deixounos reflectidos moitos anos despois na novela Scórpio (1987), onde as lembranzas da súa etapa universitaria ocupan un espazo moi destacado.

Na web Primavera das Letras, da Real Academia Galega, podemos descargar esta ficha didáctica titulada Unha lingua honoris causa.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*