“Como nunha serie de ciencia ficción, a vida no cole deu un parón”. Así é o inicio da peza que desde O Recuncho de Tambo, a canle do CEIP do Carballal de Marín, elaboraron Víctor Alfonso Castro Martínez e Ángela Castro Santomé. Un videoclip argallado a partir de debuxos, vídeos, mensaxes esperanzadoras e fotografías do alumnado durante o confinamento. Saúde e forza todas e todos!