Sogama, a través da súa plataforma educativa online “Caderno Verde” (www.cadernoverde.gal), tamén quere contribuír a que as semanas de confinamento sexan máis levadeiras para os pequenos da casa e que estes teñan a oportunidade de seguir interiorizando hábitos saudables e aprendan e gocen con distintas actividades de reciclaxe.
Con #EuQuedoNaCasa co #CadernoVerde, os pequenos poderán aprender a diario algo novo: que é o coronavirus, por que é prioritario seguir unhas correctas e rigorosas pautas de hixiene, a importancia de colaborar nas tarefas domésticas, o establecemento de horarios para o estudo, a lectura e o lecer, así como a oportunidade de ampliar coñecementos ambientais e seguir practicando a reciclaxe.
Este programa pedagóxico está conformado por 15 entregas didácticas que se publicarán de forma progresiva. Os protagonistas son catro membros dunha familia (pai, nai, fillo e filla), á que se suman dúas mascotas (un gato e un can). Xuntos pasan un período de reclusión no seu fogar debido á crise sanitaria orixinada polo COVID-19.
A través de varias actividades didácticas interactivas accesibles a través de ordenadores, smartphones e tablets podemos seguir o día a día da familia, que leva varios días sen saír de casa, conscientes de que deben permanecer no fogar para protexerse eles e tamén para protexer aos ademais fronte ao COVID-19. Pero en cada xornada teñen a súa hora máxica. Ás 8 da tarde saen ao balcón da súa casa, xunto coa súa familia, para saudar aos veciños e aplaudir con emoción a esas persoas que o dan todo co loable fin de preservar a saúde dos cidadáns. Para participar nesta cálida homenaxe, durante a primeira xornada na que os coñecemos, vemos como reutilizaron uns anacos de cartón cos que elaboraron uns corazóns que dedican a eses superheroes e superheroínas.
As primeiras entregas: