Propostas didácticas sobre o #PatrimonioInmaterial de PNO! para a corentena

A Asociación Ponte…nas Ondas! Achega na súa web un feixe de propostas didácticas, en galego e portugués, para as escolas.

As propostas inclúen un “Trivial 25 aniversario”, que sorteará entre todos os participantes unha fin de semana nunha casa de turismo rural a gozar cando remate o actual confinamento pola crise sanitaria do coronavirus.

Tamén o Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial galego-portugués, que chega á súa terceira edición, e que consiste en recuperar fotos antigas que posúen as familias, dixitalizalas e redactar un breve texto explicando a imaxe. Ademais, material para colorear, e actividades interactivas e descargables sobre o patrimonio. Todo na web de PNO!

Propostas didácticas de PNO! para a corentena.

#EuQuedoNaCasa
#EuFicoEmCasa

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*