Propostas didácticas de PNO! para a corentena

Escolma de recursos e propostas de Ponte…nas Ondas!.

O Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial galego-portugués convocado por Ponte…nas Ondas! chega á súa terceira edición. Participa enviando as túas imaxes.

Consiste en recuperar fotos antigas que posúen as familias, dixitalizalas e redactar un breve texto explicando a imaxe. Un certame de fotografías antigas para realizar en familia e na que a xente nova pode coñecer moitos aspectos do patrimonio cultural que se encontra documentado nas fotografías familiares. Con estas imaxes accédese a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas polas novas xeracións.

Ponte…nas Ondas! Ten moitas outras propostas e recursos na súa web: un cartel para colorear, trivial e diversas actividades interactivas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*