O meu paso polo quirófano

Conto destinado fundamentalmente ao alumnado das aulas hospitalarias que ten como eixe principal os nenos e nenas que se van operar.

“As criaturas ante unha operación poderán ter un balbordo de sentimentos. Iso adoita crear inquedanza entre os proxenitores. Palabras claras, honestas e sinceras facilitarán as conversas cos vosos fillos e fillas. Por medio deste caderno pretendemos facilitalo”. Así explican os autores desta obriña os seus obxectivos, contándonos que se trata dun libro pensado para
“Darvos a coñecer o día da cirurxía
Prepararvos a vós tamén para a cirurxía do voso fillo ou filla
Facervos conscientes da importancia do voso saber ante esa nova situación.
Axudarvos a facer o voso acompañamento o máis tranquilo e confiado posible”.

Os seus autores son profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol: a mestra da aula hospitalaria Pilar Porta Rodríguez e a facultativa especialista en Anestesia e Reanimación Esther Moreno López. O ilustrador é Iván Fernández Guillán.

O libro pode descargarse no portal da lingua:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20712.pdf

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*