Apoios internacionais e campaña de mecenado para a nova sede en Compostela do proxecto.
Lill Tove Fredriksen, professora da Universidade do Ártico, envía desde a Ilha de Tromsø o seu apoio para a Escola Semente. Lill Tove é activista na defensa da língua sámi en Noruega. É o primeiro dunha serie de mensaxes de profesorado de escolas de inmersión e activistas en defensa das linguas minorizadas de diversos pobos do planeta para a Escola de Ensino Galego Semente.
A rede incluirá vídeos de apoio desde lugares e linguas como Rojava, (curdo), o Ártico (sámi), a Naçom Cree de Wemindji (cree), Líbia, (amazigh) Bretaña, (bretón), Araucania, (mapuche), Cochabamba, (quéchua), Irlanda, (gaélico) Quebec (francés), Gales, (galés), Euskal Herria, (euskera) Cabo Verde (cabo-verdiano) Paises Cataláns, (catalá) ou Aragón, (aragonés), entre outros.
Sumando apoio económico para o Proxecto Moas
A campaña “Mil Primaveras Mais” mostra a solidariedade co Projeto Moas, a través do que Semente Compostela procura apoio económico entre a cidadanía para abrir un novo edificio que reúna o alumnado de infantil e Primaria no lugar adquirido na zona de Moas, en Compostela.
O Projeto Moas reuniu en quince días máis de 350.000 euros en vais de centos de persoas que deron o seu apoio económico ao proxecto. Agora, a iniciativa segue procurando axuda económica a través de doazóns e un sistema de crowdfunding ou mecenado.
A Escola de Ensino Galego Semente, proxecto de inmersión lingüística de autoxestión, comezou a funcionar en 2011, impulsada desde a asociación A Gentalha do Pichel e un grupo de nais, pais e activistas. Actualmente, ademais das tres escolas en Compostela, hai Sementes en Vigo, Lugo, A Coruña e Trasancos (Narón).
Máis información
https://moas.sementecompostela.com/