O Certame “Imaxes do Patrimonio” estende prazo ao 31 de outubro

Durante este ano 2020, e no marco da celebración do 25 aniversario, Ponte…nas ondas! amplía o prazo de participación no 3º Certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos e ás famílias.

Unha actividade que pode axudar a conectar ao alumnado co patrimonio fotográfico da súa família e que se pode realizar como unha actividade individual a través de Internet. Unha actividade que motiva ao xoves a investigar no ámbito máis próximo e na súa propia realidade.

As imaxes do Patrimonio

Un Certame para realizar coa familia e na que a xente nova pode coñecer moitos aspectos do patrimonio cultural que se encontran documentados nas fotografías familiares. Con estas imaxes podemos ter acceso a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas polas novas xeracións.

O patrimonio inmaterial é constituído principalmente por coñecementos, técnicas, formas de organización ou de expresión colectiva xunto coas manifestacións festivas e familiares. Está localizado nas prácticas da vida cotiá que son realizadas polo membros da sociedade e que teñen nas famílias os núcleos básicos.A cultura inmaterial é aquela que é vivenciada polas persoas portadoras e como tal está documentada desde os inicios da fotografía.

As imaxes dos álbuns familiares conteñen moitas destas manifestacións e vivencias que poden ser descoñecidas polo alumnado dos centros educativos. Precísase que a xente máis nova coñeza o seu pasado recente e que sexa quen de interpretalo. Neste labor de transmisión e vivencia das imaxes é necesaria a implicación da família para axudar a comprender os contextos onde se produciron as expresións culturais documentadas.

O certame

Pódese participar on line enviando as imaxes co texto ao portal Web www.escolasnasondas.com

http://escolasnasondas.com/iii-edicion-do-certame-de-recolla-das-imaxes-do-patrimonio-cultural-inmaterial-galego-portugues/

Establécense dúas categorías e os seguintes premios:

1ª Categoría ( alumnado de E.Infantil e E.Primaria ):
• 1º premio: Un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora
• 2º premio: unha tablet de 10”
3º premio: unha cámara dixital compacta

2ª Categoría ( alumnado ESO, Bacharelato e Formación Profesional:
• 1º premio: Un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora
• 2º premio: unha tablet de 10”
3º premio: unha cámara dixital compacta

A resolución do Certame farase pública na Web o 16 de novembro de 2020 coincidindo co DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO

Aquí as gañadoras da I e da II edición (tamén no interior o acceso ao arquivo completo das imaxes participantes)
http://pontenasondas.org/ii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-aqui-as-ganadoras/
http://pontenasondas.org/i-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-xa-temos-ganadoras/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*