O sector cultural e educativo empurra con forza a iniciativa popular Xabarín


“Unha televisión en galego para crianzas e mocidade é necesaria para sermos conscientes, de novo, da potencialidade criadora que hai en Galiza: produtoras, actores e actrices, editoriais, ilustradoras, escritores e escritoras, músicas de enorme éxito malia as limitacións de difusión por carencias nos medios públicos”.

Explicábao Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, este mércores 30 de setembro na presentación da “Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular Xabarín impulsada” pola Mesa polo colectivo no Parlamento galego co obxectivo de instar o goberno galego a tomar as medidas precisas para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego.

De “petición” a “iniciativa popular”

Campaña por unha canle de televisión Xabarín 24 horas

A petición a través da web para a creación desta canle xuntou en moi pouco tempo cerca de 15 mil sinaturas. E froito desa velocidade e intensidade a nivel das redes, decidiuse transformar o que inicialmente era só unha petición nunha iniciativa popular que cumprise todos os requisitos para poder ser debatida e aprobada no Parlamento.

Dúas ducias de profesionais da música, do audiovisual, do teatro e da industria editorial, así como representantes de colectivos sociais e de todos os ámbitos do ensino do país arrouparon en Compostela o lanzamento.

O apoio do sector cultural concrétase na posta en marcha dun grupo impulsor da iniciativa popular no que están representadas as principais asociacións profesionais da cultura galega (AAAG, AELG, AGAG, AGEM, AGPI, AGPTI, Escena Galega, Músicas ao vivo e Asociación de Profisionais da Dobraxe); artistas de referencia para o público infantil e xuvenil como Fran Amil, Magín Blanco, Pepe Carreiro, Paco Cerdeira, Pablo Díaz, Gloria Mosquera ou Uxía Lambona e a Banda Molona; empresas da industria editorial, musical e das artes escénicas como Apiario, Baobab, Charlatana, Culturactiva, Editorial Galaxia ou Xerais; colectivos sociais como a Federación Galiza Cultura ou as ANPAS Galegas; e organizacións do ensino como Erguer, ANEGA, AS-PG, Nova Escola Galega, CIG Ensino, CSIF Ensino ou STEG.

Información e materiais da campaña no web www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/xabarinclub24h

COMO COLABORAR

  • Coa túa sinatura nos pregos verificados pola Xunta Electoral en diversos puntos de Galiza nas próximas semanas.
  • Se tes un estabelecemento aberto ao público e queres participar na rede de recollida de sinaturas ou queres recollelas individualmente, fáinolo saber a través do correo xabarintv@amesa.gal.
  • Precisamos de difusión: comparte esta iniciativa coas túas amizades e anímaas a asinar. Tamén habilitaremos unha páxina web onde teremos toda a información e materiais para descargar.
  • Doazóns: para quen quixer contribuír a soster economicamente esta campaña, habilitaremos nos próximos días diferentes vías de doazón.

Contamos contigo!

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Comeza a recollida de sinaturas para a iniciativa parlamentaria popular “Xabarín” | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*