Vídeos de xeoloxía inspiradores, libres, accesibles e galardoados en distintos certames para alumnado e docentes.
Os docentes Adela Otero Abrodos e Xacobo de Toro Cacharrón nas áreas de bioloxía e xeoloxía, Fernanda Moltó Roibal na área de educación plástica e visual, Alberto Fortes Novoa na área de matemáticas e Rocío Romar Roel na área de lingua galega coordínanse para botar adiante o ambicioso e espectacular proxecto XeoClip.
Dende 2017 manteñen activa na rede esta iniciativa didáctica audiovisual con contidos coidadosamente elaborados para afondarmos na xeoloxía e a paisaxe e que transversalmente tocan diversos contidos relacionados co ámbito científico.
Recomendámovos mantervos pendentes do seu espazo en Facebook: www.facebook.com/XeoClip