A importancia do lavado de mans


“A principal mensaxe que queremos facer chegar é a importancia do lavado de mans, pero non calquera enxaugue rápido: é importante lavar as mans correctamente con auga e xabón en momentos clave do día. Estes momentos clave son: antes de cociñar ou preparar alimentos, antes de comer e despois de ir ao baño ou de limpar a un bebé”. Así o expresaba Therese Dooley, do Programa sobre Saneamento e Hixiene de Unicef durante a primeira convocatoria internacional deste Día Mundial do Lavado de Mans.

Unha efeméride que quedou fixada para o 15 de outubro e que cobra nova importancia no actual contexto de pandemia por coronavirus. E é que un xesto tan simple como lavar as mans con auga e xabón pode ser clave para a supervivencia de millóns de persoas, sobre todo os maís cativos e especialmente vulnerables en moitas zonas do planeta a efectos de problemas como a diarrea e as infeccións respiratorias, enfermidades que, recordan desde Unicef, “poden previrse doadamente e de xeito barato cun pouco de auga e xabón”. Este día quere servir de recordatorio da importancia desa práctica.

Recomendámosche estes recursos no Caderno Verde sobre a hixiene e a saúde

A hixiene e a saúde – #EuQuedoNaCasa co #CadernoVerde

A hixiene – #EuQuedoNaCasa co #CadernoVerde – Algúns consellos fundamentais

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*