O que levamos nas maletas

Magín Blanco sae de xira cun novo espectáculo no FalaRedes.

Ao longo do concerto, das maletas do músico irán xurdindo obxectos (monicreques, monecos, ferramentas, instrumentos de percusión…) que introducirán cada peza e convidarán a cativada a participar.

Dende as cancións “O meu país” ou “Aquí estamos”, onde se presenta a realidade como parte dun conto, ata “O hipnotizador” ou ” Os esqueletos”, máis oníricas e circenses, vanse sucedendo escenas que convidan a percibir o mundo como un universo máxico cheo de sensacións amables coas que gozar da música en familia.

 

       AXENDA COMPLETA                                                 
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
 17 de outubro, ás 18:00 horas  Auditorio da Casa da Cultura  Xinzo de Limia  Ourense
 25 de outubro, ás 18:00 horas  Salón de actos do Edificio Multiúsos  Santa Comba  A Coruña
 31 de outubro, ás 18:00 horas  Auditorio Municipal  Gondomar  Pontevedra
 1 de novembro, ás 18:00 horas  Casa da Cultura  Silleda  Pontevedra
 8 de novembro, ás 18:00 horas  Auditorio Municipal de Cerdedo  Cerdedo-Cotobade  Pontevedra
 15 de novembro, ás 18:00 horas  Auditorio Municipal de Valga  Valga  Pontevedra

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*