Máis de 250 establecementos de todo o país colaboran coa Mesa no proxecto.
A web da Mesa recolle nun mapa a localización dos puntos de recollida de sinaturas (https://www.amesa.gal/xabarin), co obxectivo de facilitar o labor das persoas que queiran apoiar a petición de que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada que conten ademais con programas e xogos.
Máis de 250 establecementos do país colaboran na recollida de sinaturas para a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística no Parlamento co obxectivo de instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego.
Outras medidas incluído o achegamento á lusofonía
Adoptar medidas e accións precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas dixitais e que TVE emita con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa App para o público infantil e outra das propostas. Tamén que o goberno adopte as medidas necesarias que permitan a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.
O sector cultural e educativo empurra con forza a iniciativa popular Xabarín