Monstros no Camiño

Teatro Ghazafellos volve ao FalaRedes con Monstros no Camiño, unha divertida comedia para nenos e nenas de 4 anos en diante e as súas familias, que o pasarán de medo con esta historia.

Tres investigadores reúnense nun simposio onde convocarán, coa axuda dunha máquina da súa invención, os monstros do imaxinario tradicional galego que pululan polo Camiño de Santiago. Lobishomes, meigas, o Sacaúntos… desfilarán polo congreso para seren sometidos, con moito humor, a un escrutinio que lles permita aos científicos e ao público, necesario colaborador nesta aventura, comprobar se existen de verdade ou non.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Monstros no Camiño                                                   
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
 10 de outubro, ás 18:00 horas  Auditorio Municipal  Miño  A Coruña
 11 de outubro, ás 12:00 horas  Salón de actos do Concello  Coristanco  A Coruña
 APRAZADO  Auditorio Municipal  Celanova  Ourense
 1 de novembro, ás 12:00 horas  Multiúsos da Senra  Bergondo  A Coruña
 7 de novembro, ás 12:00 horas  Teatro da Beneficencia  Ortigueira  A Coruña
 8 de novembro, ás 18:00 horas  Auditorio Municipal  O Rosal  Pontevedra 
 14 de novembro, ás 12:00 horas  Multiúsos Terra do Queixo  Arzúa  A Coruña
 15 de novembro, ás 12:00 horas  Auditorio Municipal  Vila de Cruces   Pontevedra

 

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*