Viaxe pola memoria coas gañadoras do III Certame de fotografía “Imaxes do Patrimonio”

Emigrantes traballando en campos franceses en tempos da primeira guerra mundial, unha tradición festiva con traxes rexionais nos anos 60, exemplo de xogos e xoguetes a mediados do século pasado, unha praza de abastos dos anos 50, o arado en familia dun campo nos anos 60, unha romaría a xeito de botellón da mocidade de hai tres cuartos de século, ou unha foto nos álbumes de moitas familias galegas: a da filla nacida cando xa o pai estaba emigrado que, a xeito de postal, chega á outra beira do océano cunhas letras de agarimo no reverso.

Son algunhas das estampas extraordinarias que foron premiadas no III Certame de fotografía “Imaxes do Patrimonio”. Toda unha viaxe pola memoria á que nos convida alumnado galego e portugués, coa colaboración das súas familias e a través da iniciativa da Asociación Ponte… nas Ondas!

O xurado integrárono Anxo Cabada, profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro, profesor e antropólogo, Cristina Sánchez-Carretero, investigadora e antropóloga e, Xerardo Feijoo, membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! actuando como secretario con voz e sen voto. O fallo do xurado faise público coincidindo coa celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial.

Todas as imaxes gañadoras e o arquivo das participantes poden verse na web de Ponte…nas Ondas! (tres premios para alumnado de Primaria e outros tres para alumnado de Secundaria) que fai público o fallo do xurado coincidindo este 16 de novembro co Día Mundial do Patrimonio. Aquí as gañadoras dos primeiros premios:

1º Premio – Primaria: Rafaela Gomes Teles da Escola Básica e Secundaria de SobreiraNesta fotografia está um grupo de trabalhadores do campo em França, e nela está presente o meu trisavô com amigos e vizinhos dele, durante a guerra de 1914 e 1918. Ele chama-se Antonio Rodrigues, e é a terceira pessoa da fila que está de pé. Durante a guerra ia muita gente para os campos de batalha, e fazia falta gente para trabalhar na agricultura e na industria. Esta foto foi usada como carta, e no seu verso ele pedia para dar noticias sobre o que se estava a passar com a família. Aqui nesta carta encontram-se muitos erros ortográficos, mas mesmo assim o meu bisavô tinha muito orgulho nela. Isto porque o pai dele sabia ler e escrever, o que era uma coisa muito rara naquela altura, principalmente para quem vivia da agricultura. Foi com esta foto que eu fiquei a conhecer mais sobre a vida dele e também dessa época.
1º Premio Secundaria: Claudia Vigo do IES Antonio Fraguas – Esta foto é aproximadamente do 1950 e nela aparecen a miña avoa e bisavoa no seu traballo de toda a vida. A miña avoa traballou dende os 10 anos na praza de Abastos, o segundo monumento máis visitado turisticamente de Santiago, despois da Catedral. Traballaba vendendo legumes e e froitas nun posto e máis tarde flores. Cando vendía legumes e flores levábanlle todos os días produtos a dous dos hoteis máis importantes de Santiago, o “Hotel Peregrino” e o “Hostal dos Reis Católicos”. Traballaba todos os días pola mañá menos o domingo. Ela deixou de traballar aos 65 anos e sempre dixo que estivo moi contenta alí. Aínda hoxe existen estes postos na praza de Abastos de Santiago e mulleres e homes que veñen de pobos limítrofes vender os seus produtos do campo. Algo que non se debería perder. Encántame ir á praza os sábados coa miña avoa e miña nai!

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*