“Coreo-Calero”

Dende O Recuncho de Tambo chéganos esta coreografía argallada coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres este 2020.

A actividade foi realizada polo CEIP Do Carballal (Marín) e CEP Plurilingüe de Riomaior (Vilaboa) e os protagonistas son bailaríns e bailarinas de 4º e 6º de Primaria dos centros.

Aproveitando o ano de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, a letra da canción é o poema “Calquer lugar é bom para morrer”. Puxeron a música Víctor Alfonso Castro Martínez e Montserrat Ogando Suarez, quen tamén se encargou da coreografía (ambos os dous son mestres de Educación Musical en ambos centros educativos). Os carteis son obra do alumnado de 6º de Primaria (Carballal) coa mestra María Jesús Aldao Pampín (auxiliar de cámara) e con Lara Rey Molino á cámara.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*