Proposta de bases para a normalización do galego no ensino

Documento elaborado por colectivos docentes, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e a Mesa pola Normalización Lingüística.

O documento “Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza” foi elaborada conxuntamente por A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega (NEG), Confederación de Anpas Galegas, Confederación Intersindical Galega – ensino (CIG Ensino), Confederación Sindical Independente de Funcionarios- Ensino (CSIF- Ensino) e Sindicato de Traballadores/as do Ensino de Galiza (STEG).

Os colectivos insisten en que o Goberno galego ten que sentarse a dialogar “para cumprir coas demandas do Consello de Europa, da ONU, da sociedade galega e da propia comunidade educativa”.

As asociacións asinantes solicitáronlle ao conselleiro de Educación que se reunise con representantes destas organizacións, para poder presentarlle a proposta, “pero non obtiveron ningunha resposta”. “A única resposta á nosa solicitude de diálogo foron as declaracións do Conselleiro e do Presidente baseadas na mentira e na manipulación contra o recoñecemento mínimo á existencia dunha realidade plurllingüe no Estado”, denunciou o presidente da Mesa, Marcos Maceira.

As entidades que elaboraron esta proposta representan a maioría do profesorado, Anpas e movementos de renovación pedagóxica e denuncian que ante a oferta de diálogo non recibiron da Xunta “máis que silencio”. Insisten en que o Goberno galego ten que sentarse a dialogar con eles para cumprir coas demandas do Consello de Europa, da ONU, da sociedade galega e da propia comunidade educativa. “A única lingua oficial cuxo coñecemento non se garante ao rematar cada unha das etapas educativas é a galega”, afirman.

“No confinamento agraváronse as dificuldades de uso do galego por dúas vías: a escaseza de materiais didácticos e o dominio de TVE nas aulas televisadas baseadas no curriculum”, recordou Maceira.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*