Un cento de centros de ensino e máis de 30 asociacións estenden a homenaxe a Carvalho Calero


Así o explica o conxunto de colectivos:

“O movemento asociativo leva reivindicando desde hai décadas unhas Letras Galegas a Carvalho Calero. Cando ao fin se concederon, unha pandemia fixo que nin no ensino nin nas asociacións puidéramos celebrar como quixéramos esta conmemoración. Demandamos das institucións que se prolongara até este ano esa conmemoración como se está a facer coa maioría dos eventos (véxase o Xacobeo) mais non obtivemos resposta favorábel. Quixemos facer esta celebración máis unha vez, pero vímonos na obriga de aprazala e cancelar as actividades presenciais agardando mellores circunstancias, mais non podemos adiar por máis tempo a nosa homenaxe e difusión, tan necesaria, deste persoeiro a quen tanto debe a nosa lingua e cultura”.

Por este motivo, e coincidindo coa data do seu pasamento, o día 25 de marzo, propoñen unha xornada de recordo e espallamento da súa vida e obra. Quen queira pode unirse nas redes sociais co cancelo #CarvalhoLinguaETerra).

Desde a Federación Galiza Cultura, en colaboración coas Deputacións da Coruña, de Lugo e de Pontevedra, convócase ás asociacións culturais e aos centros de ensino a xornada “Carvalho, Lingua e Terra”. Para iso, editan unha banda deseñada sobre a súa vida, obra e pensamento da autoría de Pepe Carreiro que ademais de imprimir e distribuír gratuitamente, estará a disposición pública en PDF na web http://galizacultura.gal/carvalho-lingua-e-terra/

Ademais, este xoves 25, ás 20:00 h. emitirase o vídeo sobre Ricardo Carvalho Calero coa Intervención de María Victoria Carballo-Calero Ramos e a conferencia de Manuel Castelao Mexuto e Mª Pilar García Negro, e posteriormente, ás 20:40 h. celebrase en liña un coloquio cos conferenciantes e representantes das asociacións cultura.

Emitirase esta actividade pola canle de youtube de Galiza Cultura (https://youtu.be/TUdkNFja6_I)

Preme aquí para descargar a banda deseñada: Amigo Carvalho – Do Halley ao Hubble, con guión e debuxos de Pepe Carreiro.

E aquí para descargar ou visualizar a exposición en homenaxe a Carvalho Calero.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*