Pinta o mar e sementa o cambio


Actividade proposta para o Día Mundial dos Océanos.

A organización sen ánimo de lucro Marine Stewardship Council e o colectivo docente Teachers for Future Spain presentan a actividade educativa multidisciplinar Pinta o mar e sementa o cambio, con motivo do Día Mundial dos Océanos, que se celebrará o próximo 8 de xuño, orientada a descubrirlles aos participantes a necesidade de coidar os océanos e mares.

O obxectivo principal da proposta educativa é fomentar a comprensión do papel fundamental que xoga o mar na vida do ser humano e a importancia do traballo dos pescadores na conservación dos recursos mariños, á vez que o alumnado se familiarice cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible enunciados pola ONU, en concreto co Obxectivo 14 – Vida submarina.

Para poder participar é necesario que o centro educativo se inscriba a través da web https://teachersforfuturespain.org/pinta-el-mar-y-siembra-el-cambio/

A iniciativa está aberta a todos os centros educativos, ao alumnado comprendido entre os 6 e os 12 anos. Para fomentar o coñecemento, todos os participantes recibirán un lapis con sementes no extremo, que poderán sementarse unha vez o lapis xa non se poida usar. De aí o nome da actividade.

Os materiais e recursos educativos están dispoñibles na web de Teachers For Future Spain, así como na sección de educación de MSC.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*