V edición do concurso Quero Cantar!

Prazo aberto ata o 30 de setembro.

Poderá participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen publicamente difundidas antes por ningún tipo de soporte nin canle.

Nesta edición especial de 2021 o concurso constará dunha única fase e convócase só a categoría xuvenil, que atende aos seguintes límites:

Xuvenil.- Idade: de 13 a 16 anos

Número máximo de compoñentes: 12

O límite de idade enténdese en referencia á data de publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (Publicado a 4 de marzo de 2021).

Permítese tamén que haxa excepcións ao límite de idade inferior, é dicir, compoñentes menores de 13 anos, sempre que o número de excepcións sexa inferior ao 50% de membros totais do grupo.

A autoría da letra e a música da maqueta debe ser dos membros do grupo, aínda que se admite o asesoramento doutras persoas, como pode ser o profesorado.

Bases completas na web do concurso QueroCantar.gal

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*