Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Cartel do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
‘Herbario: os segredos da natureza’, onde os participantes teñen un contacto directo co mundo das plantas e árbores mediante un paseo etnobotánico polos arredores da biblioteca para recoñecer distintas especies vexetais da contorna, a orixe dos seus nomes, propiedades, uso etc, ou ‘Robótica creativa’, onde as nenas e nenos participantes desenvolverán a súa creatividade e construirán e programarán un robot con material de Lego, son exemplo dos obradoiros que ofertan este mes de novembro de 2021 as bibliotecas galegas.

No folleto ‘Ler e vivir a ciencia en galego’ está a oferta completa e poden consultarse tamén materiais elaborados nos centros educativos, froito do traballo dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) co alumnado e co profesorado en diferentes propostas orientadas a amosar o valor da ciencia e a importancia da lingua galega para a súa creación e divulgación.

“Galicia Calidade é un selo recoñecido para os nosos produtos e valorado a nivel nacional e internacional. En Ciencia tamén temos Galicia Calidade, en parte quizais porque algunhas das características que nos definen son as do esforzo, o traballo e a curiosidade, básicas no método científico. Foi esta curiosidade e este interese polo noso contorno os que nos levaron dende tempos remotos por un camiño de continuo e innegable progreso científico e tecnolóxico. Este progreso converteunos na especie intelixente da Terra capaz de adaptar o medio ambiente ás súas necesidades e, deste xeito, convertémonos nos animais dominantes dun ecosistema humano que abarca todo o planeta”. Así comeza o manifesto A felicidade de aprender, que asina Amparo Alonso Betanzos, enxeñeira química, investigadora en intelixencia artificial, presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial (AEPIA) e Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*