40 anos despois

Documental do IES de Arzúa difundido con motivo do Día Europeo das Linguas de 2021.

Este documental de 47 minutos elaborado pola comunidade educativa do IES de Arzúa, coa colaboración de María José Pérez, trata a situación do galego na actualidade no ámbito da educación secundaria. Un recurso didáctico para achegármonos a contidos relevantes para o currículum das materias de lingua como: bilingüismo, diglosia, prexuízos lingüísticos, lusofonía…

En 1981 o galego pasou a ser considerada lingua cooficial. 40 anos despois, no 2021, o alumnado do curso 2020-21 do IES de Arzúa reflexiona sobre a situación sociolingüística do galego.
Pervive a diglosia nas persoas galego falantes?
Cal é a lingua que utilizamos nas redes sociais?
Coñecemos os recursos, as posibilidades para vivirmos en galego?

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*