Ponte…Nas Ondas! conmemora o seu 27 aniversario

A candidatura de Ponte…Nas Ondas! ao Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda, na categoría de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), abordarase no mes de decembro na UNESCO.

Ponte… Nas Ondas! conmemora hoxe o seu 27 aniversario, unha experiencia que realiza actividades educativas e culturais en Galicia e en Portugal comprometida co traballo de recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses a través de actividades culturais e pedagóxicas que promocionan a identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono.

A difusión do patrimonio inmaterial galego-portugués é unha das liñas clave do traballo de Ponte…nas ondas! favorecendo a súa transmisión ás novas xeracións e a súa posta en valor. Dende o ano 2016, a UNESCO acreditou a Ponte…Nas Ondas! como ONG consultora para o PCI, única entidade acreditada en Galicia.

En 2021, o Ministerio de Educación e Cultura de España, a Xunta de Galicia e a Comissão Nacional da UNESCO presentaron “o modelo” Ponte…Nas Ondas! na UNESCO para dar a coñecer unha experiencia única creada e deseñada no territorio da Eurorexxión Galicia-Norte de Portugal. Un fito fundamental na traxectoria da asociación que hoxe cumpre 27 anos de historia e que contribue a sensibilizar o traballo desenvolvido pola comunidade educativa e o ámbito cultura galego-portugués co patrimonio común.

Unha ponte que se iniciou o 29 de marzo de 1995

Desde as ondas da Frecuencia Modulada daquel lonxano ano 1995 aos actuais podcasts que se moven polas redes sociais, Ponte…nas ondas! ten achegado a maxia da radio e o universo do patrimonio inmaterial a miles de xoves de Galicia e Portugal.

Aquelas chamadas telefónicas desde as escolas aos estudios de radio desde onde se desenvolvía a anual xornada radiofónica interescolar vivíanse con emoción desde os centros educativos que seguían a programación desde as radios e os transistores nas aulas.

No ano 1997, facíase a primeira emisión por Internet, da man dun innovador profesor que poñía en stremaing o sinal da xornada da radiofónica. A partir 1998 sería a compañía Telefónica quen faría o streaming de audio e vídeo, a primeira emisión audiovisual dunha experencia educativa non profesional. Tamén se realizarían videoconferencias com Brasil e com Mozambique, entre outros países.

Actualmente celébrase o Día Mundial da Radio, cada 13 de febreiro e desde o portal ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com) divúlganse os traballos audiovisuais das escolas galegas e portuguesas.

A ponte do patrimonio

A actividade de Ponte…Nas Ondas! continúa con outras iniciativas no ámbito educativo e cultural, o certame “As imaxes do patrimonio” dirixido aos centros educativos e ás familias, que xa está na 5ª edición.

Así mesmo, Meniños Cantores 2 a última iniciativa da asociación, un libro-usb no que participaron escolas ao longo da fronteira galego-portuguesa e que contou coa participación de escritores e artistas de Galicia e Portugal.

Recoñecementos a unha traxectoria

• En 2004, coincidindo co 10 aniversario, o European Bureau for Lesser Used Languages ( EBLUL ) recoñeceu o traballo de Ponte…nas ondas! como un exemplo de “boas prácticas”.
• En 2005, a Xunta de Galicia outórgalle o premio Galicia de Comunicación á “Mellor iniciativa no campo da comunicación “. A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) tamén recoñeceu o seu labor co premio “ Bos e xenerosos “ destinado a persoas e entidades que desenvolven un importante traballo cultural.
• En 2013, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España recoñecen a experienciacomo “Buena práctica Iberoamericana” pola calidade da experiencia, pola súa orixinalidade e creatividade e por explorar perspectivas innovadoras, apropiadas ao contexto no que se desenvolve e adaptable a outros medios e países·”
• No mesmo ano, a Asociación é nomeada “Juiz Honorario do Couto Mixto “ (enclave transfronteirizo entre Galicia e Portugak ) polo seu trabllo co patrimonio inmaterial galego- portugués.
• En 2014 recibe do grupo PRISA, o Premio ONDAS á “mellor cobertura do patrimonio inmaterial galego-portugués” .
• En 2016, a UNESCO recoñece a Ponte…nas ondas” como ONG consultora para o patrimonio cultural inmaterial.
• E en 2017 a Fundación Peña Novo outorga o premio “Peña Novo” pola transmisión do patrimonio e a defensa da lingua.

As orixes

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*