Unha actividade interactiva de educación ambiental para a educación secundaria.
Navia, Artur, Sira e Prisco son os protagonistas dunha aventura interactiva xa dispoñible no Caderno Verde de Sogama. Un relato interactivo que pode seguirse de xeito lineal ou a través das diferentes opcións que atoparemos en cada unha das pantallas polas que iremos pasando. Así, ao longo deste relato-xogo o alumnado ten que afrontar unha serie de actividades sucesivas para descubrir con éxito a solución final. En función da escolla, o alumnado seguirá un camiño ou outro para completar o relato. Os desafíos a resolver tocarán varias áreas curriculares básicas simultaneamente traballando ao tempo a educación ambiental, especialmente en todo o relativo ás boas prácticas cos tres erres: reducir, reutilizar e reciclar.