A orixe da nosa lingua guapa

Curtametraxe de ficción baseada nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey, que asina o guión coa profesora de galego Fátima R. Ruibal.

A docente do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño) é ademais a mestra-meiga que protagoniza esta película canda as verdadeiras estrelas da produción: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía de Moraña que se converteron en actores e actrices para a ocasión. Todo o equipo, baixo a batuta de Damián Varela na dirección, traballou arreo durante a pasada primavera nesta historia na que realidade e fantasía se entretecen para explicarlle ao público novo como se foi formando ao longo dos séculos o galego. A curtametraxe foi financiada pola Deputación da Coruña no marco do proxecto Primavera das Letras da Real Academia Galega.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*