Na procura das palabras perdidas do galego.
O obxectivo é que o alumnado investigue e descubra palabras galegas coincidentes co código internacional da lingua portuguesa pero que hoxe ou non coñecemos ou non usamos habitualmente. A xeito de exemplo: bolacha, bochecha, janela, ouvir, morango…
A idea é gravar un vídeo ao respecto a partir dunha destas palabras. O prazo para enviar propostas vai deica o 30 de novembro.
A iniciativa está promovida por Docentes de Português na Galiza e AGAL.
Máis información
https://www.dpgaliza.org/perdidos-e-achados-22/