V Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez ‘O Vello dos Contos’

Convócase o V Certame de Podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte … nas Ondas!

Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 5º e 6º cursos) e secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.

Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados coa vida e obra e Francisco Fernández del Riego, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas en 2023, ou con outros aspectos do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal, cunha duración máxima de tres minutos.

Establécense os seguintes premios:

• Premio ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6º cursos de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.
• Premio ao mellor traballo dos centros de educación secundaria e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.

Bases completas

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*