XXI Concurso de relato oral Tíralle da lingua

Proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde. E sobre todo, asegurar a competencia na fala entre o noso alumnado!

BASES DO CONCURSO

As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.

As historias contaranse en galego.

Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista…), dicción, dramatización ou espontaneidade.

Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.

O concurso vai destinado a tres niveis académicos.
1) Primaria.
2) 1º Ciclo de ESO.
3) 4ºESO e ensino postobrigatorio.

O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel centro de ensino.
2) A nivel nacional.

Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se comunicará aos centros.

A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 14 de novembro de 2022 enviando un e-mail a: informacion@as-pg.gal. Recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar. Os vídeos ou audios coas contadas deben nomearse co título, autor/a, curso e centro.

A fase final celebrarase a finais de novembro. O xurado visionará os traballos realizados e escollerá aos gañadores e gañadoras.

10ª Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima, por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.

11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, actuando de secretario/a un representante de Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.

13ª A participación no concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases. A AS-PG poderá modificar a modalidade da fase final por razóns que respondan a situación de emerxencia sanitaria.

IMPORTANTE! Todos os centros participantes, enviarán a gravación das historias seleccionadas para a final pois non vai haber fase presencial.

Ficha de inscrición
http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2022/10/ficha_Tiralle_Da_Lingua.pdf

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*