Mes da ciencia en galego

Aproveitando o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, convocado cara 10 de novembro pola UNESCO, as escolas galegas celebran o seu Mes da Ciencia en galego.

O obxectivo da conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través dos equipos de dinamización da lingua galega, colabora con Bibliotecas para a celebración do Mes da Ciencia nas Bibliotecas e con Igaciencia na organización de webinarios de dinamización científica en galego. Este ano, as videoconferencias programadas xiran arredor do cambio climático.

Máis información e recursos no Portal da Lingua e no sitio web de Igaciencia

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*