Adestra a túa lingua

Colección de vídeos en galego sobre deporte.

Todos os días milleiros de adolescentes en Galicia procuran información en Internet. A mocidade galega non só busca contido que a entreteña, senón que quere solucionar as súas dúbidas para sentirse autónoma e independente, para sentirse adulta. Entre as buscas máis relevantes resaltan as ligadas ás prácticas deportivas. Coa serie de vídeos Adestra a túa lingua queremos achegarlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e normalizar e fomentar o emprego de termos técnicos deportivos en galego que son pouco populares e coñecidos.

‘Adestra a túa lingua’ é unha iniciativa de Suseia SCG realizada para o TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

Como competir en remo, Cal é o deporte máis raro?, Non son bo en ningún deporte, Deportes para vagos, Como xogar en primeira?, Quero aprender a defenderme, Con que deporte podo ser máis popular?… son as pezas audiovisuais que podemos consultar. Aquí a lista de reprodución:

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*