GaliCiencia 2023: Aeronáutica e Aeroespacial

Aberto ata o 20 de marzo de 2023 a inscrición para esta edición, que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia en maio.

Durante 3 días (10, 11 e 12 de maio) os estudantes que desenvolveron de forma previa á feira con apoio dos seus profesores/as, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explícano ao público visitante.

Durante o evento realizaranse diferentes talleres temáticos relacionados coa temática anual. Nesta edición “Aeronáutica e Aeroespacial”.

A finalidade desta experiencia é que os máis novos descubran que a ciencia pode ser atractiva e divertida para todos, intentando provocar no público unha reflexión sobre a importancia da ciencia e a tecnoloxía e a relevancia de decidir o seu futuro profesional dunha forma libre e sen barreiras físicas nin mentais.

Concurso deseño camiseta
O concurso está aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia.

Os deseños deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Aeronáutica e Aeroespacial.

O prazo de presentación dos deseños é desde o 23 de xaneiro ata o 20 de marzo de 2023.

Todos os participantes que desexen formar parte deste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia.

Consultar bases de participación.
https://galiciencia.com/edicion-2023/#camiseta

Concurso Fotografía
O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.

As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Aeronáutica e Aeroespacial.

O prazo de presentación das fotografías é desde o 23 de xaneiro ata o 24 de abril de 2023.

Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:

1. Seguir o Instagram de Galiciencia.

2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2023

Consultar bases de participación.
https://galiciencia.com/edicion-2023/#fotografia

Desafío científico
O desafío está dirixido a todos os estudantes desde 4º Primaria a Bacharelato dos centros educativos de toda España.

Os retos dos que consta o desafío estarán relacionados coa temática de referencia desta edición: Aeronáutica e Aeroespacial.
https://atrevete.galiciencia.com/

Toda a información no sitio web de GaliCiencia: https://galiciencia.com/

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*