Soños: O teatro para educar e axudar a mudar as miradas

Unha obra froita da colaboración da ONG Igaxes e as produtoras teatrais Culturactiva e Artefeito, que busca rematar co estigma que cargan os e as mozas tuteladas.

O 24 de febreiro de 2023, ás 20:00h, estréase “Soños” no Salón Teatro de Santiago de Compostela, espazo cedido desinteresadamente polo CDG por tratarse dun proxecto social.

A obra, colaboración da ONG Igaxes e as produtoras teatrais Culturactiva e Artefeito, busca rematar co estigma que cargan os e as mozas tuteladas. Dende as distintas entidades destacan como a colaboración entre o mundo das artes e do social resultan un proceso enriquecedor que aporta ao proxecto un toque distintivo.

A partir de marzo a obra xirará por centros de ESO e Bacharelato, lugares de convivencia da rapazada tutelada e espazos onde é importantísimo rematar cos estigmas e educar na empatía e a convivencia en paz.

“Soños” é unha obra teatral na que a ficción e a realidade se mesturan para achegarnos ás vidas da xuventude tutelada. Un espectáculo que nace da conversa entre o equipo artístico, educadoras sociais e os mozos e mozas que medran en vivendas tuteladas.

Texto: Fernando Epelde
Dirección: Tamara Canosa
Produción: Artefeito
Distribución: Culturactiva
Elenco: Anxo Outumuro, Viky Pérez e Sara Ferro
Iniciativa: IGAXES

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*