Actividades para coñecer e afondar na vida de diferentes referentes intelectuais de Galicia.
Maruja Mallo
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, a súa obra destaca en todos os ámbitos por unha constante e innovadora evolución artística.
Mª Victoria Moreno
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Mª Victoria Moreno foi unha profesora e escritora en lingua galega que se adicou principalmente á literatura infantil e xuvenil acadando un amplo recoñecemento polas obras “Anagnórise” e “Guedellas de seda e liño”.
Ángela Ruiz Robles
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Ángela Ruiz chegou a Galicia con 23 anos para exercer como mestra preto de Ferrol. Non só ensinou a escribir a nenos e nenas, senón tamén a pais e nais analfabetos. Ademáis de mestra foi inventora, deseñando o que se considera o primeiro prototipo do libro electrónico.
Concepción Arenal
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Concepción Arenal foi unha xurista, escritora, xornalista e loitadora que traballou incansablemente pola igualdade das mulleres. Ao longo da súa vida estudou a situación das persoas presas nos cárceres e a condición da pobreza na sociedade.
Ángeles Alvariño
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Ángeles Alvariño foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Estudou Ciencias Naturais e foi a primeira muller en viaxar como científica nun buque de investigación británico. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña.
Ernestina Otero
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Ernestina Otero foi unha mestra e pedagoga galega que traballou para implantar un novo xeito de aprender nas escolas. Ernestina estuda Maxisterio en Pontevedra e logo marcha a Madrid á Escola de Estudos Superiores, sendo unha das primeiras mulleres na unversidade.
Mª Josefa Wonenburger Planells
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
María Wonenburger foi unha matemática e investigadora galega de renome internacional que traballou no campo da álxebra. Afecionada a deportes coma o hóckey e o baloncesto, foi unha alumna sobresaínte e unha gran políglota. Foi a primeira muller en acceder a unha bolsa Fulbright.
Emilia Pardo Bazán
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Emilia Pardo Bazán foi unha escritora, xornalista, editora e catedrática galega, defensora dos dereitos da muller e precursora do movemento feminista. Foi a primeira muller catedrática en Literatura Contemporánea.
Olimpia Valencia
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Olimpia Valencia foi a primeira médica galega. Tras estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e realizar en Madrid a súa tese de doutoramento, abriu en Vigo a primeira clínica de xinecoloxía dirixida por unha muller.
Filomena Dato
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Filomena Dato foi unha escritora, poeta, oradora e feminista galega. Na súa recompilación de poemas en galego, Follatos, fai unha alegación do papel da muller fronte aos estereotipos existentes a finais do século XIX. O poema “En defensa das mulleres” está considerado unha das primeiras obras feministas da nosa literatura.
Isabel Zendal
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Isabel Zendal foi unha enfermeira galega que formou parte da expedición para levar a vacina da varíola a América. Dende moi nova trasladouse da súa parroquia natal, en Ordes, á Coruña para traballar no Hospital da Caridade coidando dos nenos e nenas do orfanato.
Rosalía de Castro
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Rosalía de Castro foi unha poeta e novelista galega, considerada como a máis destacada autora do Romanticismo do século XIX e unha das maiores representantes deo Rexurdimento galego.
Antonia Ferrín
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Antonia Ferrín fou unha matemática e astrónoma galega que obtivo as licenciaturas de química, farmacia e matemáticas. Foi mestra de escola, de instituto e de universidade. Destacou coma investigadora sendo a primeira muller en defender unha tese de Astronomía en España.
María Casares
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
María Casares foi unha actriz galega de cine e teatro. Viuse obrigada a abandonar España tras o levantamento fascista e ao longo da súa carreira acadou numerosos recoñecementos coma a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en España ou o Grand Prix national du théàtre en Francia.
Luz Pozo Garza
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Luz Pozo Garza foi unha escritora, docente, poeta e crítica literaria. Estudou Maxisterio e Filoloxía Románica e ten unha grande obra literaria, destacando os poemarios Paxaro na boca ou Códice Calixtino. Dirixiu as revistas literarias Nordés e Orión, foi membro da Real Academia Galega e no ano 2005 foi galardoada coa medalla Castelao.
María Barbeito Cerviño
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
María Barbeito Cerviño foi unha mestra, pedagoga, tradutora, escritora e divulgadora que introduxo o método Montessori en Galicia, que se basea na liberdade e a autoaprendizaxe para poñer ao alumnado no eixo da educación.
Isabel Barreto
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Isabel Barreto foi unha navegante galega, ademáis de gobernadora e adiantada, foi a primeira muller na historia da navegación en obter o cargo de almirante. Descendente dunha familia portuguesa cunha importante tradición na expedición marítima, realizou expedicións a Perú e as illas Salomón.
Elisa Patiño
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Elisa Patiño foi unha aviadora galega, a primeira muller en pilotar un avión en Galicia. O día 12 de outubro de 1913 na praia de Baltar, “Chichana” como era coñecida, despegou co seu aeuroplano deixando entusiasmada a toda a poboación.
María Vinyals
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
María Vinyals foi unha escritora, sufraxista e activista social galega. Considerada unha das pioneiras da reivindicación feminista en Galicia, destacou pola súa intensa actividade na loita pola igualdade a través dos seus artigos, conferencias e iniciativas.
Exeria
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Exeria naceu na provincia romana da Gallaecia. Realizou unha viaxe de tres anos de duración na que peregrinou ao Oriente próximo e reflectiu toda esta viaxe nun libro no que relata as súas aventuras. Este libro converterase no primeiro libro de viaxes escrito por unha galega.
María Luz Morales
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
María Luz Morales foi unha xornalista, escritora, crítica teatral e asesora de tradución de guión para a produtora Paramount. Polo seu traballo en diferentes medios convértese nun refernte no mundo do xornalismo e no ano 1963 é rcoñecida co Premio Nacional de Teatro.
Manuela Barreiro
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Manuela Barreiro foi a primeira muller farmacéutica de Galicia. Foi a primeira muller en Galicia en acadar o título de bacheralato, a primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, na que obtén o título de Farmacia, e a primeira muller en ter unha farmacia de seu.
Rita Fernández Queimadelos
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Rita Fernández Queimadelos foi a primeira arquitecta nada en Galicia. Estudou na Facultade de Ciencias de Santiago, asistiu á Escola de Artes e Oficios e, tras rematar esa primeira formación, marchou a Madrid a estudar aquitectura. Entre as súas obras destacan o antigo concello de Fuenlabrada, os proxectos de reconstrucción de Carabanchel ou os traballos realizados como arquitecta municipal en Mula (Murcia).
Xela Arias
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Xela Arias foi unha escritora, editora, tradutora e profesora de literatura. Foi unha muller comprometida, ecoloxista e feminista. Participa en movementos culturais como a Festa da Palabra Silenciada, revista de cultura producida por Feministas Independentes Galegas, ou en Burla Negra, contra o desastre do Prestige. Entre as súas obras destacan Diario a diario ou Tigres como cabalos.
Pura Vázquez
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Pura Vázquez foi poeta, mestra e membro correspondente da Real Academia Galega, é a primeira muller en publicar en galego logo da Guerra Civil. Pura foi unha rapaza amante la literatura dende moi nova, o que a leva a estudar maxisterio para ser mestra.
Lolita Díaz Baliño
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Lolita Díaz Baliño foi pintora, fotógrafa e profesora de debuxo. En 1938 foi a primeira muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
María Pita
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
María Pita foi unha comerciante galega, defensora da cidade da Coruña ante o ataque do almirante Drake, no ano 1589.
Marcela Gracia e Elisa Sánchez
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Marcela Gracia e Elisa Sánchez foron unhas mestras galegas que protagonizaron o primeiro casamento entre mulleres o 8 de xuño de 1901 na Coruña. Para poder realizar esta unión, Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina e así enganar ao párroco que debía oficiar o casamento.
Elisa e Jimena Fernández de la Vega
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Elisa e Jimena Fernández de la Vega foron dúas irmás xemelgas e as primeiras mulleres en estudar nunha universidade galega, licenciándose en medicina en 1919. Jimena obtivo ademais o premio extraordinario da licenciatura e viaxou por toda Europa para completar a súa formación.
Sofía Casanova
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Sofía Casanova foi unha poeta, xornalista, correspondente de guerra, actriz, enfermeira, escritora… Escribiu contos, novelas e máis de 1200 artigos en diferentes xornais e revistas.