Ciencia Calidade: concurso de monólogos científicos en lingua galega

A iniciativa está promovida polas divulgadoras científicas Andrea Muras e Eva Cabanelas.

O concurso consta das seguintes fases:
1. Inscripción participantes: ata 31 de xullo incluído, cubrindo o formularion e enviando un vídeo de ata 1 minuto máximo.
2. Preselección de candidaturas feita por un comité formado por socios e socias de Divulgaccion.
3. Comunicación á xente seleccionada: 1 de setembro
4. Xornada de formación presencial: outubro
5. Evento: sábado 4 de novembro (O Vello Cárcere, Lugo)

Requisitos:
1. Ser maior de idade
2. Presentar un monólogo en galego (aquí podes ver os do ano pasado). Os monólogos en castelán non serán tidos en conta.
3. O monólogo do concurso terá unha duración de 3 minutos. Debe ser orixinal e non ter sido presentado con anterioridade a ningún outro concurso ou evento de divulgación. Non se poderán empregar diapositivas
4. Na inscrición, enviar vídeo de 1 minuto sen editar. A edición dos vídeos e/ou superar a duración do mesmo serán motivo de exclusión
5. Os e as concursantes son os únicos responsables de que o contido a divulgar sexa correcto.
6. A persoa gañadora da última edición non pode volver participar como monologuista.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*