En maio, Ponte… a xogar!

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! propón converter os patios dos centros escolares galegos e portugueses en grandes espazos lúdicos nos que, durante os tempos de lecer, se reflicta a nosa cultura mediante a práctica de xogos tradicionais durante todo o mes de maio.

A últimos de abril suxeriremos un conxunto de xogos coas súas descricións que serán presentados polos profesores e profesoras aos nenos e nenas para que, libremente, escollan o que queiran practicar cada día no tempo de lecer.

Cada escola decidirá cantos días da semana adicar a esta actividade e, ao final do mes poderá mandar fotos ou vídeos tomadas nos tempos de práctica dos xogos propostos para a súa posterior publicación nas nosas páxinas. Tamén publicaremos podcast feitos sobre calquera aspecto da cultura do xogo tradicional.

Tódolos xogos terán características inclusivas non plantexando diferencias por sexo nin ningunha outra característica persoal.

A proposta inclúe xogos estáticos e outros máis dinámicos para que se adapten a todas as situación tanto de carácter persoal como climatolóxico. Naturalmente cada escola poderá completar a gama dos xogos a practicar con aqueles que considere oportuno aínda que non figuren na proposta.

Toda a información e materiais na web de Ponte…nas Ondas!
http://pontenasondas.org/ponte-a-xogar/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*