VI Premio á Innovación bibliotecaria de Galicia ás mellores prácticas de fomento da lectura

Proposta a concellos integrados na Rede Pública de Bibliotecas de Galicia.

Convocado pola Xunta de Galicia para distinguir os mellores proxectos levados a cabo nas bibliotecas municipais. Valorarase o seu traballo á hora de crear e fidelizar lectores, así como por impulsar accións orixinais que contribúan a reforzar as competencias lectoras e dixitais da cidadanía.

Vai dirixido aos concellos que sexan titulares de bibliotecas ou de axencias de lectura pública integradas na Rede Pública de Bibliotecas de Galicia. Todas eles poderán concorrer cun máximo de dous proxectos ou boas prácticas xa executados e relacionados co fomento da lectura, a aprendizaxe ao longo da vida e a adquisición de competencias dixitais, a posta en funcionamento de novos servizos ou a redefinición dos existentes e a difusión da biblioteca e dos seus servizos.

Categorías para concellos de máis e menos de 10 mil habitantes

Establécense dúas categorías, unha para municipios de ata 10.000 habitantes e outra para concellos cunha poboación superior e poden concorrer tanto de xeito individual como agrupado. A participación cidadá, cohesión social e atención á diversidade, a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero, e, en xeral, a contribución aos obxectivos da Axenda 2030 anteriores son outros dos eidos nos que se poden enmarcar as candidaturas. Os proxectos ou boas prácticas presentados deberán orientarse a buscar resultados positivos e ser axeitados ao contexto local, ademais de innovadores e sostibles no tempo.

Prazo: ata o 15 de xuño

Máis información en bases completas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*