Prazo aberto ata o 9 de xuño de 2023.
O Certame de Relatos Breves Feiraco chega á súa XI edición para incentivar a creación literaria. presenta dúas categorías de participación: nivel 1 (para alumnado de 5º e 6º de primaria) e nivel 2 (para estudantes de 1º e 2º da ESO). Está organiazdo pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Feiracoe e inclúe unha serie de accións de dinamización da lingua galega coas que a cooperativa agrogandeira galega se suma á festa do 17 de maio desde o ámbito socioeconómico, entre elas este XI Certame de Certame de Relatos Breves Feiraco. Letras Galegas 2023.
Os textos, de temática é libre, co único condicionante de que a historia aconteza na Galicia do futuro, serán orixinais e estarán escritos en galego e terán unha extensión dunha páxina DINA-4 por unha soa cara como máximo. Os centros deberán remitir un relato seleccionado como máximo de cada nivel (de ser o caso), en formato pdf, a través da web falarei.gal/certame. O prazo de recepción estará aberto ata ao 9 de xuño de 2023, ambos inclusive.