A EFA Piñeiral acolle a III edición da Semana da Infancia

No marco da celebración do Día Internacional da Infancia o centro de formación profesional de Arzúa celebra dende o luns 20 ata o venres 24 un programa de actividades focalizadas na educación infantil que está por vir.

“Aulas do futuro en educación infantil” é a temática escollida para abordar dende diferentes perspectivas, e grazas a profesionais multidisciplinares o devir da realidade da educación infantil nas aulas.

O profesor da U.S.C. Pablo Franco, o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre e o director de “Aula Desafío” Jorge Penabad protagonizaran senllas conferencias a propósito da innovación, tecnoloxía e futuro nas aulas de 0 a 6 anos.

Nos actos da Semana da Infancia na Efa Piñeiral tamén terán lugar as mesas redondas “Unha mirada á educación infantil na realidade galega; retos e desafíos” a cargo das directoras da Casa Niño Brincadeira, a Galiña Azul de Melide e o P.A.I. de Touro e o debate “Diferentes iniciativas de ensinanza aprendizaxe coa infancia no século XXI” coa coordinadora de educación infantil do Colexio Manuel Peleteiro-Dolores Ramos, e con responsables da Escola Bosque Nenea e da iniciativa Donde Viven los Cuentos.

O programa das xornadas completarase con cineforum e diversas dinámicas lideradas polo alumnado do ciclo superior de educación infantil da Efa Piñeiral.

As actividades son de balde e contan con aforo limitado.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*