Premios Eduemprende Idea 2023

Un total de seis institutos e centros integrados de FP veñen de alzarse cos premios do concurso Eduemprende Idea 2023, un certame impulsado polas Consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidade e de Promoción do Emprego e Igualdade co obxectivo de incentivar a realización de proxectos empresariais entre o alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

As persoas participantes debían presentar ideas de negocio orixinais que puideran dar lugar ao desenvolvemento de novas empresas, promovendo, deste xeito, a cultura emprendedora entre o alumnado. Os seis proxectos premiados, tres na modalidade de ciclos de grao medio e tres na modalidade de ciclos de grao superior, recibirán un total de 12.000 euros a razón de 3.000€ para o 1º premio, 2.000€ para o 2º e 1.000€ para o 3º.

Así mesmo, os gañadores poderán incorporarse a un viveiro de empresa da Consellería de Educación e recibir asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

 

Os seis proxectos premiados nesta edición foron os seguintes:

Modalidade A (Ciclos grao superior)

Centro

Concello

Proxecto

1º Premio

IES Rosalía Mera

A Coruña

Street Art Galicia

2º Premio

CIFP Politécnico

Santiago

Mam Madeira

3º Premio

CIFP Montecelo

Pontevedra

Mía Creativa

Modalidade B (Ciclos grao medio)

Centro

Concello

Proxecto

1º Premio

CIFP Fontecarmoa

Vilagarcía de Arousa

Green Paws

2º Premio

IES A Pinguela

Monforte de lemos

StyleClo

3º Premio

CIFP Compostela

Santiago de Compostela

Laetus

As ideas gañadoras abarcan unha ampla gama de temáticas, desde a arte urbana e a sustentabilidade ambiental ata a inclusión e a moda personalizada, demostrando a capacidade de xerar solucións innovadoras para satisfacer as necesidades e desexos da sociedade contemporánea. O seu enfoque na inclusión, a sustentabilidade e a experiencia do cliente marca un estándar elevado para a innovación empresarial cun impacto positivo na sociedade.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*