Fina Casalderrey: medrando entre historias

Fina Casalderrey: medrando entre historias é unha exposición do Concello de Pontevedra e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), que rende homenaxe á figura da escritora cunha mostra configurada por 20 paneis escritos por María Lado e ilustrados por Nove Noel. A propia Fina Casalderrey formou parte no seu momento da directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX).

A autora homenaxeada é candidata aos Premios Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), outorgados anualmente polo goberno sueco coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas. Nestes premios recoñécese o labor dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil. Este ano concorren 245 candidaturas de 68 estados, a maioría pertencen ao campo da escrita ou da ilustración, pero preséntanse tamén asociacións ou organizacións.

Hai que lembrar que Fina Casalderrey é a primeira autora en estar nomeada simultaneamente aos dous premios máis prestixiosos da LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) a nivel internacional: o Premio Hans Christian Andersen outorgado polo IBBY e o Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) do goberno sueco.

A exposición “Fina Casalderrey: medrando entre historias” inaugurouse o xoves 18 de abril en Pontevedra.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*