Alumnado da Facultade de Educación da USC participa neste proxecto de construción de contornos seguros desde o ámbito socioeducativo.
A escola debería ser sempre un espazo no que a infancia se sinta segura, aínda que segundo os datos de organización como UNICEF a mitade dos adolescentes do mundo sufre violencia na escola. Unha situación que afecta á súa saúde física, ó seu bienestar emocional, ao rendimento académico dos nenos e nenas e ao clima escolar do centro educativo. Desde Farmamundi traballan por unha educación en valores, baseada no respecto, a paz e a tolerancia xa que estes elementos son clave desde edades moi temperás.
O proxecto de Aprendizaxe-Servizo “Con ollos de nenez: Construíndo colectivamente entornos seguros desde o ámbito socioeducativo. A saúde desde miradas socioeducativas”, financiado pola Cooperación Galega-Xunta de Galicia, tivo como obxetivo formar a futuros e futuras profesionais da educación na creación de espazos seguros e unha educación inclusiva.
“Este proxecto parte da necesidade de construir entornos educativos seguros, sans e saudables para a infancia. Os nenos e nenas necesitan estar e sentirse protexidos, dispoñer de referentes educativos que acompañen os seus procesos e o seu crecemento con amor e respecto, tanto dentro como fora das aulas, o cal repercute no seu desenvolvemento persoal e no seu propio benestar e saúde”, explica María Gento, responsable da delegación de Farmamundi en Galicia e coordinadora do proxecto.
227 estudiantes da Facultade de Educación da Universidad de Santiago de Compostela participaron no proxecto no que se abordaron temas para coñecer cómo se poden construir espazos seguros desde e para a nenez e que tipo de educación se quere construir. Os tres eixos transversais deste proxecto foron a educación, o feminismo e a saúde.
O proxecto contou coa colaboración de Lorena Añón Loureiro, profesora dos Graos en Educación Infantil, Grao en Educación Primaria e Doble Grao en Educación Infantil e Primaria da Universidade de Santiago de Compostela, quen colabora coa ONGD desde o ano 2017 e se involucra en procesos educativos transformadores, coa finalidade de que o alumnado se acerque á realidade na que se insertarán como docentes nun futuro. Por outro lado, Alicia Tojeiro Ríos, Premio Educa 2020 á mellor profesora de Primaria e maestra do CEIP Isidro Parga Pondal (Oleiros, A Coruña), facilitou que o alumnado universitario interactúe co alumnado de 3º da E.S.O. e diseñen xuntos o modelo de profesor e profesora ideal para a súa educación formal.
Durante o proxecto realizáronse diferentes sesións teóricas e prácticas para capacitar ao alumnado en metodoloxías participativas, aplicando técnicas de investigación social propias da identificación de activos de saúde para dar a coñecer diversas realidades comunitarias a través de procesos participativos. Realizáronse cartografías sociais e pedagóxicas que permitiron dialogar, reflexionar e xerar alternativas de cambio. Durante este proceso, contouse co apoio do Colectivo de Mulleres de Matagalpa (Nicaragua) coas dinamizadoras Ana Ara e Beatrice Huber, con amplia experiencia na dinamización de procesos comunitarios con enfoques participativos e inclusivos.