Vivir no solo

Banda deseñada elaborada polo Consello da Cultura Galega.

A Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega elaborou este cómic, con guión de Marilar Aleixandre, debuxo de Estudio Tangaraño e asesoramento de Francisco Díaz-Fierros e María Teresa Barral Silva, co obxectivo de explicar a necesidade de protexer o solo galego fronte a unha urbanización agresiva e sen planificar.

Editado inicialmente no ano 2000 para concienciar na importancia do solo, o cómic “Vivir no solo” inclúe na altura do ano 2025 traducións a portugués, francés, hebreo, alemán, inglés, chinés, polaco, italiano, español e catalán.

No Día Mundial da Terra de 2025 presentáronse as novas versións desta banda deseñada para concienciar na importancia do solo e que “25 anos despois segue estando plenamente vixente”, tal e como apuntou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, na rolda de prensa.

Xunto coa delegada institucional do CSIC Galicia, Carmen González; os científicos que participaron no proxecto, Francisco Díaz-Fierros e Marilar Aleixandre; o deseñador, Fran Bueno; a responsable das traducións, Montserrat Díaz Raviña, máis a coordinadora da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do CCG, Elena Vázquez Cendón, púxoselle o ramo a 25 anos de traballo nos que o cómic se traduciu a 11 linguas, contou con 16 edicións e se imprimiron máis de 70 000 exemplares.

Preme aquí para descargalo:
https://consellodacultura.gal/especiais/vivir-no-solo/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*