O grupo infantil A música das baleas, formado a partir do coro do CEIP de Caión, que foi un dos gañadores da pasada edición do certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, pon as voces destas magníficas pezas de ilustración animada sobre cancións infantís. A letra orixinal é de Fabaloba e a música, tamén orixinal, do músico e mestre José Carballido.
Os clips xiran arredor das distintas rutinas coas que se adoita traballar na etapa de educación infantil (saudar, xogar, recoller, xantar ou vestirse). É un proxecto de Ali realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Aquí tedes a lista de reprodución con todas as pezas!