Obradoiro de Teatro de Sombras

Obradoiro de teatro de sombrasImpartido por Javier Peraza (Compañía Títeres Cachiporra. Uruguai)
Duración: 16 horas
Datas: do martes 4 ao venres 7 de outubro
Horario: de 9:30 h a 13:30 h
Lugar: Arteria Noroeste – Santiago de Compostela
Rúa das Salvadas, 2A. Parque Vista Alegre -15705 Santiago de Compostela
Prezo: 75 €
Prezo reducido (socios de UNIMA): 60 €
Prazas: 15 personas

As sombras son, sen lugar a dúbidas, unha das técnicas máis antigas da arte dos monicreques.

Di Javier Villafáñez que seguramente as sombras se inventaron cando o home primitivo comezou a xogar coa sombra do seu corpo proxectada nas paredes das cavernas.

O certo é que dende hai miles de anos os monicrequeiros contan historias proxectando sombras nunha pantalla. Antigamente, usando como fonte de luz o lume, nos nosos días, usando todas as posibilidades técnicas que nos ofrecen as novas tecnoloxías de fontes de luz.

Contidos:
O programa desenvolverase cronoloxicamente do seguinte modo:
1) Información sobre o teatro de sombras, en particular sobre as súas posibilidades técnicas.
2) Formulación, por parte dos participantes, de breves ideas con posibilidades de ser representadas en teatro de sombras.
3) Conformación de grupos que tratarán a resolución desas ideas.
4) Guión, deseño plástico e construción.
5) Traballo de manipulación e actuación co obxectivo de xerar un borrador das ideas de breves espectáculos.
6)Presentación destes e intercambio de ideas sobre os resultados.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*